Como non!. Todos os días fago unha  promesa nova, a cabaza dos meus soños e como non, hoxe tamén o  farei, pero non  para soñar  con ela, senón para esquecerme desta cabaza, dos aneis de ouro e das liñas mais visibles das cerimonias .

Esta cobiza  humana  que enche as  celebracións da idea dos bos costumes.

 

    Sen ir mais  lonxe temos, vela eiquí, unha desas cerimonias, un enterro, de quen?, eso da un pouco igual, pero poñamos por caso un home en idade de putrefacción, aínda que con  isto non  décimos demasiado, digamos entón, que a súa literaria presencia non fixo esquecer ao Adonis.

A pesar  da elocuencia do seu verbo,  xamais será recordado polas frases que no seu enterro foron pronunciadas: era unha belísima persoa!!, a súa  dona esta esnaquizada!!, eu que sei que tipo de estupideces se poden chegar a dicir ..

Pero....mais que analizar as actitudes do putrefacto obxecto, gustaríame falar dos seus amos.

Aqueles  que xadeaban as crónicas do seu  facer como censurador, servicial alumno, escribán destes preguiceiros de alta capa, e si, digo capa de negra cor para súa putrefacta presencia, neste intre prodúcese a esperada confluencia do respecto ao individuo, e das liñas mais claras da estupidez, ¿pódese ter respecto por alguén que na súa vida esqueceu  os valores sexan estes  os que se queiran?, a resposta esta clara, pero aínda así el recibirá mais que calquera  que tivera DIGNIDADE

 

 

Inicio                           Seguinte