PERIPECIAS 3.

 

 

Que dicer, chegados a este ponto. Cada un fai o que cree necesario en cada momento, eu aghora tenho tres alternativas:

 

a) Quedarme aquí parado, disfrutando das vistas que se ofrecen de forma gratuita dende as alturas, e apreciar a paisaxe e o bo dia que fai.

 

b) Saltar. saltar sen temor. e disfrutar da sensacion de caida libre. sen freos para a aceleración da gravidade, sentindo como o vento fai que a cara estire ate limites insospeitados. e agardar a que un exército de anxos me recollan, e quedar ileso na fazanha.

 

c) Saltar, saltar sen temor. e disfrutar da sensación de caída libre, con freos en forma de cordaxe elongable, que permitan disfrutar da caída libre. ate certo punto, xa que ao final da viaxe, o exército de anxos transformase nuha forza de sentido contrario a da caída, exercida pola anteriormente citada corda de elongación controlada, vendo coma o teu cráneo queda pendurado a poucos metros do chan.

 

Chachi. Non? Agora a decidir...

De tomar a decisión a). simplemente non faria nada, quedaría alí coma un parvo, si disfrutando das vistas e da natureza, pero non sexades imbéciles para iso non te subes a barandilla dunha ponte, a non ser que te guste facer equilibrís, e que a Policía Nacional e os Bombeiros, venhan de visita a foderte o momento de meditación abstracta; boh! igual traen a unha psicóloga que me saque deste "duro trance no que estou sumido', pero non me apetece que venha ninghen de azul, verde ou marrón (xa sabedes como rima).

Opción b)?, ja! ! , hai que estar fodido da cabesinha para crer en anxos a estas alturas da historia da humanidade, a tremenda hostia que me meto seria iso...tremenda, a quen llo contas despois!!,á maquina de respiración artificial?, a San Pedro? seguro que non te deixaba entrar no ceo por crer nos anxos, e por burro. Non me preocupa entrar no ceo. pero pensar que San Pedro crea que eu son un burro doe, é como que Aznar te chame antidemocrático, agradécese pero quedas con ganas de partirlle a cara, e quen é o Tarzán que le parte a cara a San Pietro?

A Opción c) mola coma deporte, xeneras adrenalina. endorfinas, e un sin número de drogas de orixe orgánico, podes ligar con alguén e vivir unha vida chea de riscos ao seu lado; Léase: casarte, ter fillos, ter un traballo, e facerte un autentico profesional do puenting, todo esto ante a posibilidade de que a, citada ate a saciedade, cordaxe de elongación controlada, non elongue ou non controle e rompa, ou que o listo do monitor lle dera dez metros de mais, POFFFFFFF!!!!!, voltamos a opción b).

Non sei por que penso tanto as cousas, entre o pensar, e "o vento que azota la zona del puente", estame doendo a cabeza. Xa o tenho!!!, beeeeen!!!:

d) Vou para casa, collo pelas, marcho, pillo un talego, duas birras, un colega, o mesturo todo adecuadamente, e comodamente sentados nun banco, temos unha experiencia de P.M.(Puenting Mental). pero antes de todo esto decirvos que unha mísera e simple forma de vida inferior (unha avispa), fixo que perdera o equilibrio, e agora estou ante unha nova tesitura:

a)Gasto forzas en trepar pola barandilla?

b)?

c)?

 Por qué é todo tan difícil....... ?

 

 

Anterior                 Inicio                 Seguinte