PERIPECIAS 4.0.1

-Hola que tal. bos dias. vinha porque me dixeron no concello que tinha que vir aquí para pedir o certificado de empadroamento.

 -"Lo siento muchacho, pero la encargada del Padrón salió un momento a tomar un café, y no sabemos cuando va a volver, pero si quieres puedes esperar en esos bancos de ahí...."

 A tipa de cafés, e eu sen almorzar, porque me levantei un pouquinho tarde e se non venho quedo sen instancia ate o próximo Luns, que guai!!.

Para, para, para.... eses bancos de ahi?, esta claro que para ser funcionario non hai que ter estudios superiores. Tinhades que ver os bancos! parecían as bancadas do Santiago Bernabeu en dia de final de algunha competisión internacional que houbese 12 anos que non ganhaban. Incrible espectáculo:

As nais tinhan que coller a fillos doutras que non eran elas!!, e os rapaces e rapazas tinhan que ter no colo a hermanastros forzados polas institucións. En definitiva, hermanastros afumados polo purazo que estaba fumando un funcionario colega de outro funcionario que estaba de visita ( de cafés ), e que estaban falando de cousas de funcionarios, mentres un vello ao cal xa lle tocaba "tras duas horas de ardua espera" como decia el, tinha que ser suxeitado polo número dous da cola, que xa tinha cara de tirar con el pa’colarse. Todo esto para qué?, para que un tipo firme un papel decindo que existes e que vives nun sitio no que levas vivindo e existindo toda a tua puta vida. Porque se non, non te dan un papel que di que eres apto para o servizo militar" e pregúntome eu: QUEN NARICES QUERE FACER O SERVIZO MILITAR??? e  é mais: QUEN NARICES QUERERlA SENTARSE NESES BANCOS DE ADOPCION FORZOSA???.

Claro, o que estaria ben seria ter un/unha pai/nai funcionaria/o, que te fixera os papeleos. ou facelos por Internet: WWW.Serfuncionarioque.es  .

Anterior

Inicio

Seguinte