Peripecias 5x5

 

Manda carallo na Havana!, ou mandaba Fidel, bah!, non sei, dame ighual, acabo de mercar un to’terreno e xa son o novo tirano da estrada, da cidade, do campo e da gasolineira. Non hai quen me tusa. Un rodar perfecto en cidade, unha boa tracción no monte, e un comportamento excelente nos bares e na minha casa, que mais se pode pedir?. Claro, que o noso benquerido goberno baixe os impostos sobre carburantes, que as aseguradoras non cobren un ril por un seguro a todo risco, xa que nunca se esta seguro de todo, e se eres donante de órganos e un desperdicio humanitario. Que o elevalunas non dea calambre por ser eléctrico, e que o peche de portas non sexa centralizado dende Madrid. Y la Luna!!!! pois a lua tamén, pero que tenha rotura térmica. (encántanme estes vocablos técnicos). O meu TT (todoterreo,que non Teté), si que é a hostia, e non iso que reparten en igrexas ou discoteques, que queres ir ao monte, pois nada tiras millas. e de paso colaboras para que os recolledores de setas non as esquilmen (xa me diredes cunhas rodas de case medio metro de ancho). Tamen tapas madrigueiras de raposo e coello,que son malos para os intereses gandeiros e agricolas da rexión. Nel podes levar 17 cans de caza e quince escopetas, e ainda queda sitio para as pezas do xadrez da caza. Ja!!, ten computadora de abordo, e motor foraborda por se alghun río ponse parvo e non te deixa acadar a outra veira, e un “Whinch”, para sacarme dos "buratos mais profundos'...

Aos meus amigos ponhenselles os dentes longos, e non por seren vampiros se non porque eles tenhen simples coches, non hai moita diferencia, pero a min non mo pode levar a ghrua xa que o ancho de rodas non lles da para poder enghanchalo. Ten razon a tipa do anuncio, CATRO CENTIMETROS NOTANSE. Tenho un radio-cassette Payoneer, roubado si, pero no mercado de primeira man vale nuevecientas mil, e a min costoume dazaseis Euro., e ten control de frecuencias policiais para cando venhan a por ti eses bastardos da estrada , coller pista forestal e xa está, simplemente escapo porque non fai falla despistalos máis do que están.

Son un tipo guai?, ou non!!.

 

<<ANTERIOR    INICIO    SEGUINTE>>