Peripecias (Seven)

Non entendo por que a xente me mira asi, métense comigo, que se "mira que chulo! " , que se "tio guai! " , "morenazo! " , e un sinfin de cousas que o único que poden facer e que non volte por aquí, xa bastante duro e aturar a calor de Agosto, como para ter que aturar isto tamén, eu so tento ter un dia tranquilo, tomar o sol, algunha cerveza, e quizais ligar, e tododios ten as suas armas..., pois si, eu tenho as minhas, unha estatura apreciable de lm90cm, un pelo san, si, o do peito fornido tamen, un cu redondinho precioso, que non todos/as podedes decir o mesmo, unha cadea de ouro, e un tanga que me recolle comodamente o paquetillo .Si, foder, si, son un "chulo de praia ", e que, non sabedes respetar ao resto de formas de vida?, asi nos vai! , e non son mais chulo que vós, simplemente tenho un sair da auga, que moitos tenhen que mellorar. Non tiro o lixo na area, ai chulitos que si! , e moitos dos que me insultan tinhan que ter a capacidade de lerlle o pensamento as suas respectivas, e facer algo de exercicio. Eu non molesto a ninghen, e son molestado, non ofendo a ninghen, salvo ao pudor catolico, e son ofendido, e iso si, da igual ser neghro, xitano, payo, homosexual, chinés ou guiri, aquí non se da o racismo, TODOS SOMOS CHULOS DE PRAIA! ! ! . Reivindico dende estas linhas, o dereito a levar a vestimenta praiera que me pete, e por linguistica, so levan fardagüevos, os que deles fardan,leven tanga, “boxers”, ou pantalóns; claro, mola que a unha tia se lle meta o tanga polo "canalillo cacheiro", eh?, e que pasa, que eu non tenho?, menos fútbol, e mais: moreno, que aporta vitamina E, e despois non doen as canillas! .

Deixovos que vos comades o tarro, que vou perder horas de sol, e hoxe non vos vou dar o pracer de rir, marcho de nudismo, que ali as hormonas liveradas son outras, as da tranquilidade. PD: Non todos somos iguais, pero como, non polo paquete se conhece ao bicho...

 

<<ANTERIOR    INICIO    SEGUINTE>>