6<->Peripecias

 

Esta é unha terna historia de cando eu non vivía no planeta Terra.

Hai moitos anos e nove meses disto, eu venho do planeta Hútero, nunha constelación onde hai millóns de pequenos húteros, realmente e de onde vinhemos todos e todas nos. Así que se creiades que nos traía unha cegonha, estades listos, esas o único que fan e caghar nos campanarios, claro que hai alghún cabeza de repolo por ahí..., pero non vou falar de política.

Como en todo sistema xeo-politico,sempre hai alghén que te limita a liberdade de movementos, esa dura tarea, en Hútero, a levaba a cabo o temible Kordon Umbylikal, un tirano de pouca monta, o cal era fácil de cortar, pero que ate o dia do noso nacimento, tinhanos a todos agarrados do embigo, e se querias comer, tinhas que aturalo. As forzas represivas, eran os asaninos Antycorpox, fidelmente representados na serie de debuxos animados EL CUERPO HUMANO -co barbas de prota~ e si, podedes crerme, de azul e con casco de BOBBY. Sementaban o terror entre todas as partículas orgánicas que estaban pasando uns dias tranquilos no PLAZENTA´S, un hotelucho barato de Corpo Ville. Eu menos mal que tinha un irmánco que ía tomar uns amnios ao extremo terminal da placenta, , Xemelgo se chamaba!!,  pero cando nos chamaron a filas para partir cara a terra, a loitar cos Humáns, unha tribu horrible, e sanguinaria, el dixo que abortaba, e que abortaba, e abortou.

Fixo ben aghora que o penso, xa que eu no momento non me decidín, e nada mais sair xa me deron a primeira hostia.

As ordes a cumprir vinhan de arriba, dun planeta chamado Enzephalom, habitado polas Neuronhash, unha especie de valkyrias, que foder!!, na terra din que o Carl Lewis e rápido, te cagas coas neuronas! ! , realmente te cagas co ano, pero eso e fixioloxia, e eu estouvos a falar de Historia da Humanidade. Non todo era chungo, tamen tinhamos tempo para o "esparcimento". Cando estabas moi farto da posicion fetal, que mola para flotar pero que te deixa aterido, xogabamos ao deporte universal, o fuchibol, con pequenas bolas de graxa (liposomas), o pasábamos ben, quentinhos , aillados do mundanal ruido, pero eso era despois da frenetica division celular, ai amigo! ahi si que chollas a base de ben, lembro unha vez, cando tinha oito celulas, que houbo unha espacie de terremoto en Hútero. Nós, as celulas estabamos currando tranquilamente no da division, que sempre hai problemas no reparto de cromosomas, todas queren ter mais do que lles corresponde, e foder que susto!! , non era un terremoto, era unha cousa monstruosa, desfasadamente grande (comparado, con oito celulas), que entraba e saia do noso espazo xurisdiccional, o que nos sorprendeu era que non se comía a ninguen, se non que liberaba as forzas de invasión, unhas formas de vida cun capacete azul, e unha cola coa que se propulsaban, a invasión era lenta, pero de pronto, houbo un terremoto de maior intensidade, escoitouse un berrido atronador, e millons de capacetes azuis, ao grito de FESTA! ! ! , colonizaron Hútero, que esperades, defendinme como puiden, co que me costou conseguir un ovulo a bo prezo e sen moi ta humidade! , Puxen un cartel na porta de "NO VACANCY", e os Antykorpox fixeron o resto, chachi, pero fumos colonizados polos Anticorpox, que non facian mais que comer, esta situacion de asedio durou catro meses, ate que foron palmando, xa que Xemelgo e mais eu comíamos todo, que se fodan! .

Houbo otras catro invasions dese tipo, e o que me extranha, é a capacidade da flota invasora xa que todos os monstruos eran distintos, e un era de fogeo. Pero nesas tres "oleadas" fun nomeado heroe Huterino, xa que as detiven coa cabeza.

Esto ven a conto dun colega que me dixo que non se lembraba deses tempos, sinceiramente a min parecenme, 'Aqueles maravillosos meses" .Aghora xa nacin, e todo é menos gracioso, pero, a que realmente mola ser " invasor/a, invadida/o"..........?

<<ANTERIOR    INICIO    SEGUINTE>>